II Torneo Apóstolo Tambre Golf

Inicio / Competición / II Torneo Apóstolo Tambre Golf
II Torneo Apóstolo Tambre Golf

Clasificación

CLASIFICACIÓNS POR CATEGORÍAS

Absoluta

1ª Categoría

2ª Categoría

Senior

Damas

Junior

Mellor Aproach, Mellor Zurdo/a, Furabolos

 

Descargar cartel

Enlace a premios

Día 25 xullo. 10.00 horas. Saída o tiro.
Percorrido longo. Modalidade Medal Play.
Habilitada saída o tiro limitada a 20 xogadores/as o día 24 de xullo as 17.00 horas.

INSCRICIÓNS:

As inscricións realizaranse a través do teléfono de contacto 621 043 399 ben a través de chamada ou Whatsapp, ou do enderezo electrónico casaclub@tambregolf.com

O peche da inscricións será o día 23 de xullo do 2019 ás 17.00 horas.

No caso de que a inscrición sexa superior ó número máximo de participantes permitido, o corte farase en función da orde de inscrición.

O listado oficial de participantes publicarase o día seguinte do peche, establecendo un prazo de 24 horas para corrixir posibles erros, tras o cal, non será admitida ningunha reclamación. E responsabilidade exclusiva do xogador ou xogadora tanto o procedemento da súa inscrición como a verificación na lista de admitidos.

As baixas cubriranse polo primeiro/a xogador/a non admitido por orde de lista, non admitíndose ningunha suplencia a partir do remate do prazo de inscricións.

DEREITOS DE INSCRICIÓN:

Para os xogadores ou xogadoras non aboados o prezo será de 20 € e 15 € para os abonados e abonadas a Tambre Golf – Pitch & Putt. O importe será abonado de xeito simultáneo a súa acreditación.

Os menores de 14 aboarán o 50% do prezo do greenfee no momento da súa acreditación.

PLANING da proba:

09.00 horas. Apertura das instalación, recepción, pack benvida e acreditación dos xogadores. Adestramentos. Refrixerio previo saída.

10.00 horas. Inicio da competición. Saídas o tiro. Xogarase o percorrido longo na modalidade “medalplay”.

12.30 horas. Estimación do remate da proba.

13.00 horas. Entrega de trofeos e agasallos, coa presenza de autoridades e patrocinadores. Cocktail e degustación do viño galego VALMIÑOR.

Estímase que os xogadores e xogadoras deberán de chegar a metade do percorrido unha vez transcorrido 1h15 min. desde a súa saída, de este xeito o desenvolvemento da proba terá unha fluidez da que se poderán beneficiar todos e todas as participantes. Regulado o total do percorrido nunhas 2 h.30 min.
Estará dispoñible para os participantes un refrixerio o longo da xornada.

Unha vez rematado o percorrido os xogadores/as de cada partida deberán dirixirse a mesa habilitada polo Comité do Torneo, onde cotexarán e asinarán as tarxetas de xogo en presenza do membro de dito comité.

REGLAMENTO

ELEXIBILIDADE:

O número máximo de participantes queda limitado a 92 distribuídos do seguinte xeito:

Saída mércores 24 de xullo 2019, ás 17.00 horas: un total de 20 xogadores/as.
Saída xoves 25 de xullo 2019, ás 10.00 horas: un total de 72 xogadores/as.

FORMA DE XOGO:

Xogaránse18 buracos, baixo a modalidade “medalplay scratch”. O gañador ou gañadora será quen realice menor número de golpes no total do percorrido.

Establécese un máximo de 14 paus que cada xogador pode levar.

Está prohibido a asistencia da figura do caddie.

BARRAS DE SAÍDA:

Non se poderá acomodar a bola fora do tee de saída.

COLOCACIÓN DA BANDEIRA:

Queda a criterio do Comité da proba e o Director do Torneo determinar a posición das bandeiras. Mínima distancia 42 m. y máxima 100 m. Marxe de +/- 10% sobre estas medidas.

SOPORTE DE BOLA (TEE):

O soporte da bola (tee) debe cumprir co establecido nas Regras de Golf, estando permitido a utilización dunha arandela ou similar.

HORARIO DAS SAÍDAS:

Día 24 de xullo, ás 17.00 horas.
Día 25 de xullo, ás 10.00 horas.

DESEMPATES:

En caso de empate para as diferentes categorías gañará o xogador ou xogadora con hándicap máis baixo, e no caso de que persistira a igualdade, será quen fixera mellor resultado nos últimos 3 buracos. Se persistira o empate aínda así, irase retrocedendo de 3 en 3 no número de buracos para desfacer a igualdade.

HÁNDICAP:

Todos os participantes xogarán co hándicap local, sendo este o recollido na base de datos da web http://www.pitchandputthandicap.com/. No caso de que existan xogadores que non posúen hándicap en dita base de datos deben presentar o número de licenza da Real Federación Española de Golf para así poder verificar o hándicap de xogo e realizar a conversión atendendo aos criterios establecidos a tal efecto.

CRITERIO DAS CATEGORIAS HÁNDICAP INFERIOR E SUPERIOR:

Establécese o 50% dos xogadores/as co hándicap máis baixo como a categoría hcp inferior.
O 50% dos participantes restantes participan na categoría hándicap superior.

NORMAS DE ETIQUETA:

Prégase aos participantes vistan durante o xogo e entrega dos premios roupa adecuada o decoro da proba.
No caso de que unha categoría non conte cos xogadores ou xogadoras suficientes para ser constituída (mínimo 5 por categoría), será libre disposición da organización qué facer cos premios asignados a dita categoría.

CATEGORÍAS:

*SCRATCH.
*HÁNDICAP INFERIOR. (Establecerase atendendo aos inscritos/as).
*HÁNDICAP SUPERIOR. (Establecerase atendendo aos os inscritos/as).
*SÉNIOR. 60 anos ou superior.
*JÚNIOR. Menores de 14 anos.
*MULLERES.

Premio para o mellor approach no buraco 13.
Premio para o penúltimo clasificado na categoría hándicap.
Premio para o mellor participante zurdo, sen distinción de xénero.

Cada xogador ou xogadora soamente poderá optar ao premio correspondente a unha categoría. Será a organización a encargada de elixir o premio de maior valor.

NORMAS LOCAIS:
REGLAS LOCALES
1. FORA DE LÍMITES, (REGRA 18.2)

Muros, valos, liñas brancas ou estacas brancas que definan o límite do campo. As liñas brancas prevalecerán sobre o resto das marcas, seguidamente as estacas brancas, e de non existir ningunha destas, prevalecerá a marca máis cercana ao campo. Se a súa bola cae fora de límites, repetirase o golpe desde a posición anterior con un golpe de penalización.

a) Buraco 7: a zanxa lateral esquerda pegada o valo.
b) Buraco 12: o búnker da esquerda do green.
c) Buracos 13 y 17: recomendable xogar unha bola provisional no caso de dúbida para unha maior axilidade do xogo.

2. ÁREAS DE PENALIZACIÓN, (REGRA 17)

Área desde a cal está permitido o alivio con un golpe de penalidade. Si a bola repousa na área de penalización vermella (marcadas con estacas ou liñas vermellas), proporcionan unha opción extra de alivio lateral (Regra 17.1d (1), (2) y (3)).

a) Buraco 1: lateral esquerdo, dropaxe obrigatorio na estaca azul. Lago dereito aplícase a regra 17.
b) Buraco 8: fondo de green, dropaxe obrigatorio na estaca azul.
c) Buraco 10: lago o fondo do green, dropaxe obrigatorio na estaca azul.
d) Buraco 11: si la bola cae no obstáculo, dropaxe opcional en estaca azul.

3. COLOCACIÓN DA BOLA.

Na temporada de verán, no se poderá colocar a bola en ningunha parte do campo.
Na temporada de inverno, poderase colocar a bola na herba segada, marcando previamente a súa posición inicial.

**Polo momento, e ata novo aviso, aplicarase a norma de inverno.

4. CONDICIÓNS ANORMAIS DO CAMPO.

a) Terreo en reparación: todas aquelas zoas pechadas marcadas de azul (Regra 16).
b) Árbores xoves: todas as árbores con titor. Se existe interferencia co árbore, a bola deberá ser levantada sen penalidade, e dropada conforme ao procedemento descrito na Regra 16.1b. Ningunha árbore ou planta sen titor ou marca azul terá a consideración de árbore xove.
c) Obstrucións movibles: rastrillos dos búnkers. Quitar obstrucción movible, sen penalización, repoñendo a bola no lugar orixinal. Se isto non fora posible, dropar con un pau de lonxitude desde o punto de referencia (Regra 15.2a).
d) Obstrucións inamovibles. Terán consideración de obstrucións inamovibles: papeleiras, tees de saída (marcos e paneis), as estacións de carga e os Automowers, as redes de protección (ex. buraco 1), bancos, estacas, as tapas e os aspersores de riego. Dropar con un pao de lonxitude desde o punto de referencia (Regra 16.1b).
1. Si a bola golpea un robot Automower, debe de xogarse onde repouse.
2. Si un robot Automower despraza unha bola cando está en repouso, reponse sen penalidade a súa posición inicial.

TAMBRE GOLF

Urbanización Porto Avieira, Piñeirón,
A Gándara
15688 – Oroso.
A Coruña.

Teléfono: 621043399
Email: info@tambregolf.com
Web: www.tambregolf.com

DATA:
24 de xullo 2019. 17.00 horas.
25 de xullo 2019. 10.00 horas.

COMITÉ DA PROBA

Este Comité decidirá en todo o que afecte a organización e interpretación do presente regulamento seguindo as Regras da FEG e as regras locais.

D. Carlos Conde Rubio.

D. Francisco Cotón Raña.

D. Miguel Anxo Gómez Mosquera.