Xornada micolóxica na parroquia da Gándara

Inicio / Novedades Tambre Golf & Croquet / Xornada micolóxica na parroquia da Gándara
Xornada micolóxica na parroquia da Gándara

Xornada micolóxica na parroquia da Gándara (Oroso): descubride o mundo dos cogomelos locais

O vindeiro sábado, 22 de novembro de 2025, celebrarase na parroquia da Gándara (Oroso) unha Xornada Micolóxica “Cogomelos da parroquia da Gándara”, unha cita pensada para amantes da natureza, curiosos e afeccionados á micoloxía.

A actividade terá un prezo de 15 € por participante e desenvolverase ao longo da mañá, combinando campo, aprendizaxe e gastronomía.

 

O programa será o seguinte:

  • 09:30 h – Recepción dos participantes na Cafetería Tambre Golf & Croquet
  • 09:45 h – Saída ao monte na busca de cogomelos
  • 12:00 h – Charla explicativa sobre os cogomelos atopados e as especies máis comúns na parroquia da Gándara en Oroso
  • 14:00 h – Degustación de cogomelos de cultivo
  • 15:00 h – Peche da xornada

 

A xornada será dirixida por José María Costa Lago, experto micólogo e membro da Asociación Micolóxica-Naturalista Pan de Raposo.Cartel - Cogomelos da Gándara

 

O obxectivo principal é fomentar o respecto pola natureza, promover a recollida responsable e poñer en valor os recursos micolóxicos do municipio. A actividade está aberta a persoas de todas as idades (menores acompañados).

 

As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición con antelación a través do teléfono 621 04 33 99 ou no seguinte formulario web:

https://forms.gle/DnETsN1aQj35Deta6

Para máis información e reservas, pódese contactar tamén a través do correo casaclub@tambregolf.com

 

Acercate a Tambre Golf & Croquet, acércate a Porto Avieira.

⛳🏌🏻 #ConcellodeOroso 🔵🔴⚫🟡